Política de privacidade

A misión desta iniciativa é empoderar á comunidade galega e facer ver que as súas demandas poden facer reais. Non só quero protestar contra esta discriminación lingüística, tamén preocúpame protexer a túa privacidade. A continuación explicareiche a política de privacidade desta iniciativa para que vexas as túas responsabilidades e dereitos ao participar dela.

  1. Os datos que se che piden nesta acción reivindicativa son o teu nome e o teu enderezo electrónico coa finalidade de personalizar a nota que se enviará a continuación. O teu nome utilizarase para pechar a nota e darlle un caracter máis persoal; e o enderezo electrónico ten dúas finalidades: que IKEA poida contestarche persoalmente a túa demanda e darche unha explicación. Identificar o número total de persoas que participan.
  2. Tanto IKEA International Group como eu mesmo, Carlos García Vieito, non nos podemos quedar cos teus datos persoais nin facer un mal uso deles, pois en ningún momento estás dando o teu consentimento para campañas de marketing ou venda de produtos. Tan só se están utilizando para enviar a túa queixa a través desta plataforma.
  3. Se en algún momento detectas que os teus datos están sendo empregados de forma errónea, por favor, ponte en contacto conmigo a través de tallerdegalego@gmail.com.
  4. O campo {nome} do formulario está aberto para escribir calquera palabra. En ti cae toda a responsabilidade de facer un mal uso del e empregalo para faltar o respecto ou dicir calquera tipo de grosería.
  5. Esta iniciativa está sendo levada adiante por Carlos García Vieito, o cal non responsabilizo de facer un mal uso da platafoma creada para solicitar a normalización da lingua galega á empresa IKEA International Group.