Operación Albóndega

Esta iniciativa nace coa vontade de conseguir que IKEA respecte os dereitos lingüísticos dos galegos e das galegas.  Actualmente o seu sitio web non ofrece ningún tipo de servizo en galego, mais si en castelán, catalán e éuscaro, apesares de ter un establecemento aberto na Coruña.

Agora ben, vexamos como funciona a Operación Albóndega e como podes axudar:

ikea

O principal obxectivo é facer chegar esta reivindicación a IKEA.

ikeaen

Inundaremos as súas oficinas cunha morea de correos solicitando que se incluía a nosa lingua na web.

ikeaengalego

Envía a túa propia nota personalizada co teu nome e enderezo electrónico.

Comparte esta iniciativa coas túas amizades e a través das redes.

Envíalle a seguinte nota personalizada co teu nome a IKEA solicitándolle que normalice a lingua galega, tanto no seu sitio web como no seu establecemento situado na cidade da Coruña.

Actualmente a web de IKEA non ten a posibilidade de mostrar o seu catálogo en galego, mais si se pode navegar noutras linguas oficiais do Estado como o castelán, catalán ou o éuscaro. O seu establecemento da Coruña foi aberto no 2010, e oito anos despois de estar vendendo os seus produtos á comunidade galega, segue sen respectar a aquelas persoas que desexan unha atención en galego.
 
«A lingua propia de Galicia é o galego» como cita o artigo 5 do Estatuto de Autonomía de Galicia, por este motivo solicito para facer valer os meus dereitos que o seu sitio web como a rotulación do seu establecemento situado na Coruña estean en galego o antes posíbel. Así como que se me conteste a este correo, {o teu enderezo electrónico}, confirmándome que se terá (ou non) en conta a miña petición.
 
Atentamente,
{o teu nome}
 Acepto a política de privacidade desta iniciativa.